Thursday 16 de May de 2024

Unha unidade móbil para a doazón de sangue estará os días 22 e 23 de agosto na cidade


Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase os días 22 e 23 de agosto á cidade. A unidade estará operativa na xornada do 22 nas inmediacións do novo centro de saúde, dende as 09.30 ata as 14.30 horas e, en horario de tarde, de 15.30 a 21.00. O día 23 a unidade estará situada nesa mesma ubicación dende as 09.30 ata as 14.30 horas e pola tarde desprazarase de 15.30 a 21.00 á Praza da Constitución, na Solaina.
Antes da doazón é preciso almorzar e no caso de xantar, deberán agardar dúas horas para realizar a extracción. Antes de doar haberá que presentar ao persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento. Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos.
Para solicitar máis información sobre a campaña pódese chamar –de balde- ao número de teléfono 900 100 828.